Presumido estrean ‘Encerrados’, gravado en corentena

O dúo vigués presentan un sinxelo que describe á perfección como nos sentimos todos no confinamento

O confinamento comezou antes para Presumido. Tarci e Nacho levaban pechados na casa desde febreiro. Tras a fin da xira do seu último álbum, Cuatro Estaciones (2019), precisaban un parón. E durante este tempo estiveron compoñendo e gravando material novo. Declarado o estado de alarma, foi cando caeron na conta de que unha das cancións nas que estaban traballando describía á perfección como nos sentiamos todos en corentena.

Por iso chega Encerrados. Gravado na casa, cos seus propios medios, sen ir ao estudio e sen produtores. O dúo vigués segue a explorar novos territorios do pop e do R&B electrónicos, Os guiños retro dos 80 cristalízanse máis no videoclip, con estética de cinta caseira. Unha canción sobre a soidade e, ante todo, sobre botar de menos. Na súa chave usual de pop electrónico, o sinxelo rezuma a liberdade total: “Nuestra historia será de libertad, romperemos cadenas y distancias”.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.