Presumido lanzan un crowdfunding para recuperar os seus instrumentos

Presumido, o dúo metade vigués metade ourensán, viuse obrigado a empeñar os seus instrumentos para pagar a súa liberdade discográfica. En declaracións á prensa, mostráronse motivados para tomar a decisión porque “teñen claro o que queren, como o queren e, sobre todo, queren volver a ser donos do seu proxecto“, e explicando que tomaron a decisión de maneira unilateral.

O comunicado de Presumido expón que, para conseguir a súa liberación contractual tiveron que pagar 6.000 euros, e para facer fronte a dito pago víronse obrigados a empeñar os seus instrumentos.

Unha vez conseguidos, a súa intención será recuperar os instrumentos empeñados, rematar parte do seu segundo disco Cuatro Estaciones, mezclalo e masterizalo, fabricar parte do merchandising que inclúen nos lotes de recompensas do crowdfunding e pagar os mínimos para presentar o seu novo traballo, tales como videoclips ou a porta do álbum.

A recompensa máis baixa do crowdfunding sería, por 5 euros, unha mención na lista de mecenas do álbum e unha ligazón de descarga do seu primeiro LP, Vendetta (2017). Por 8 euros máis, a ditas recompensas uniráselles un CD do seu EP Ahora Mejor (2013). A partir de colaboracións de 28 euros, Presumido ofrecen aos mecenas cancións inéditas e adiantos do novo álbum.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.