Publican en aberto o documental ‘Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín’

Dirixido por Manuel Forcadela, céntranse nas facetas literaria e xornalística do ourensán

Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín, o documental dirixido por Manuel Forcadela sobre o escritor e político ourensán, está dende fai uns días dispoñible en aberto en Youtube. A peza percorre a vida e a obra do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, a partir dos testemuños de dezasete persoeiros da cultura galega que se deteñen na literatura, na súa labor xornalística ou no seu impacto na vida cultural galega do país.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.