Celia Eiras

‘Rapa’, a nova serie galega de Movistar+

Movistar+ produce, en colaboración coa produtora galega Portocabo, a serie Rapa, un thriller que nace da man do mesmo equipo creativo da existosa Hierro, a serie máis vista da plataforma durante o ano 2021.

Rapa será dirixida por Jorge Coira e con Pepe Coira e Fran Araújo no guión. Terá seis episodios de 50 minutos cada un e comezarase a rodar no mes de setembro nas localidades de Cedeira e Ferrol.

A trama arracará co asasinato da alcaldesa dunha aldea galega, o que dará pe a unha investigación sendo Tomás (Javier Cámara) a única testemuña dos feitos. Como o seu nome indica, tamén terá protagonismo a rapa das bestas e que dalgún xeito terá un bo significado no crime.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.