‘Ratchet & Clank: Drift Apart’ chegará a PlayStation 5

Sony Computer Enterainment e Insomniac Games veñen de anunciar unha nova entrega da saga de Ratchet & Clank, que recibirá o nome de Ratchet & Clank: Drift Apart e será exclusivo para a nova consola de Sony, presentada onte.

No tráiler, vese aos personaxes protagonistas da saga viaxar entre mundos a través de gretas interdimensionais, semellando tras iso que terá o mesmo estilo de videoxogo de plataformas que acostuma a acompañar á saga. Ratchet & Clank: Rift Apart aínda non ten data de saída confirmada.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.