Se hai apenas uns días, eran os Dios Ke Te Crew os que volvían con forza, agora o histórico grupo de rap galego Rebeliom do Inframundo volve con Luminarias I, o que semella a primeira parte dunha serie de música que nos irá chegando no futuro. No seu Instagram, a banda di que que precisaban “volver aos comezos, á inspiración primaria”. Veremos que nos agarda no futuro!
Polo momento xa podemos escoitar este Luminarias I, onde Nervo carga con forza e dun xeito frontal contra todo o que se lle poña en fronte. Vén acompañado dunha peza audiovisual a cargo de Alberto Lora.