Revolution 2×07 – The Legend Of Zelda: Breath Of The Wild

The Lengend Of Zelda: Breath Of The Wild foi un dos xogos de lanzamento da Nintendo Switch o 3 de marzo de 2017 e tres anos despois, adicámoslle un programa completo. E é que ademais de analizar o aclamadísimo xogo da lonxeva franquía de Nintendo, contamos con Nerea Alfonso, a primeira muller que lle puxo voz á princesa Zelda en España, precisamente neste título. Esta actriz de dobraxe, que xa puxo voz a múltiples personaxes de videoxogos, cine e televisión, falaranos da súa experiencia como a voz de Zelda e moitas cousas máis.

Ademais, coma sempre, contamos a actualidade da industria, que desta vez vén cargada de numerosos atrasos (Final Fantasy VII Remake, Cyberpunk 2077) e fortes rumores sobre a nova consola de Sony.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.