Revolution 2×05 – Especial aniversario e fin de ano

Hai exactamente un ano e un día que o primeiro episodio de Revolution se cocía no estudo de Radio Valladares. Naquela ocasión o protagonista foi o Pokémon Let’s Go, que saíra recentemente e daba unha volta á xogabilidade da franquía multimillonaria de Game Freak. Un ano despois, cumprimos trinta programas e facémolo por todo o alto, cun episodio especial no que repasamos os xogos que máis nos emocionaron neste 2019. Hitman 2, Shadow Of The Colossus, GRIS, Slay The Spire… Xogos para todos os gustos e de todas as cores.

Ademais, aproveitamos para repasar toda a actualidade recente, como as novidades que achegou Microsoft sobre o Proxecto Scarlett e algúns rumores xugosos. Por último, botámoslle un ollo aos Game Awards que se celebran o próximo venres e intentamos predicir os nosos gañadores. Farase Death Stranding cos oito galardóns aos que opta?

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.