Rhome e Sleepy Spice queren que chegues ao ‘Nirvana’. Escóitao!

Rhome e Sleepy Spice, dous artistas emerxentes da música en galego, únense en ‘Nirvana’. O tema é un adianto do futuro disco de Rhome, un músico que coñecido ata o momento por facer reggaeton pero que promete sorpresas: “Nirvana é unha das cancións máis sintéticas e dixitais do disco, ídesme ver en rexistros incluso como o pop-rock”, apunta Rhome.

Respecto á colaboración con Sleepy Spice, explica que a base de ‘Nirvana’ vén dunha demo que el tiña previamente e que dende un primeiro instante lle soaba semellante ao seu estilo: “Dende o principio sempre quixen traballar con ela e a comunicación foi moi boa dende o primeiro momento”.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.