Sen Senra e Derby Motoreta’s destacan nas confirmacións do Osa do Mar

O gran festival da Mariña adianta un cartaz diverso onde tamén estarán bandas galegas como The Rapants, Grande amore ou Ezetaerre

O Osa do Mar, que acollerá a Praza do Concello de Burela o 14 e 15 de agosto, anunciou xa as primeiras bandas que formarán parte desta sexta edición. Todos os concertos serán gratuítos, así como todas as actividades no marco do festival -campeonatos de BMX e skate, talleres infantís e sesións vermú, segundo revelou a organización, que promete unha fin de semana de festa completa-.

As primeiras 11 confirmacións anuncian un cartaz diverso e de calidade: desde o rock que fusiona flamenco con psicodelia de Derby Motoreta’s Burrito Kachimba -unha das maiores revelacións do ano pasado- ao consagrado hip hop galego de Ezetaerre, pasando polo R&B de Sen Senra ou de Blanco Palamera.

Deixámosvos este primeiro adianto de bandas:

  • Batuko Tabanka & Bando Krioula
  • Blanco Palamera
  • Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
  • Grande amore
  • Grande osso
  • Ezetaerre
  • KITAI
  • Parquesvr
  • Sen Senra
  • The Rapants
  • The Wonderminds
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.