‘Snack World: De calabozo en calabozo’ chegará a Europa tras arrasar en Xapón

O xogo de rol dos creadores do YO-KAI WATCH e do Inazuma Eleven chegará o vindeiro 14 de febreiro a Nintendo Switch

Snack World: De calabozo en calabozo (que sairá á venda baixo o nome de Snack World: De mazmorrra en mazmorra – Edición Oro) é un RPG de acción desenvolto por LEVEL-5, creadores de xogos de éxito como YO-KAI WATCh e Inazuma Eleven. No xogo terás que salvar o reino de Tutti Fruti antes de que os inimigos o devoren.

O xogo consiste en enormes calabozos a explorar, xeradas de maneira aleatoria e nas que atopar tesouros pouco comúns e novo equipamento, sempre enfrontándose a xefes que prometen dificultade e, unha vez os derrotes, premios aínda maiores. Canto máis éxito, maiores recompensas.

Comezarás espertando ás portas de Tutti Frutti tras un evento caótico no que salvarás a túa vida por un chisco, e verás un malvado sultán tramando a resurrección dun poderoso deodragón que devorará o reino enteiro. Poraste ás ordes do Rei Papaya e a súa esixente filla, a princesa Melonia, para solucionar a situación coa axuda de outros heroes de Tutti Fruti.

Snack World: De calabozo en calabozo chegará ás Nintendo Switch europeas o vindeiro 14 de febreiro de 2020, e ofrecerá xogo local multixogador (sendo preciso un exemplar do xogo por cada xogador) e xogo en liña.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.