The New Pope, a serie creada e dirixida polo prestixioso director italiano Paolo Sorrentino e protagonizada por Jude Law e John Malkovich, xa ten data de estrea no Estado español. Será o próximo 11 de xaneiro en HBO .
Os nove episodios dos que consta a continuación da aclamada The Young Pope son dirixidos na súa totalidade por Sorrentino, quen tamén firma os guións xunto a Umberto Contarello e Stefano Bises.
Nesta segunda incursión no mundo do papado moderno, Pío XIII (Jude Law) está en coma tras unha serie de misteriosos acontecementos. Dada a súa condición, o Secretario de Estado Voiello (Silvio Orlando) consegue colocar no papado a Sir Jouhn Brannox (John Malkovich), un moderado cardenal inglés que rematará por tomar o nome de Xoan Pablo III.
Pronto darase conta de que non vai ser fácil reemplazar ao carismático Pío XIII, ao cal miles de persoas lle adoran. Todos estes e moitos misterios máis serán resoltos a partir do 11 de xaneiro nunha das series máis agardadas dos últimos anos.