Sumrrá conquistan a provincia de Pontevedra esta semana

O trío tocará na cidade de Pontevedra e no Festival de Jazz de Moaña

Sumrrá adáptanse a estas circunstancias excepcionais e encherán a provincia Pontevedra de música. Esta semana, o trío de jazz dará dous concertos na provincia. O primeiro, no marco das festas da Peregrina, terá lugar o xoves, 13 de agosto, ás 22.30 horas na Praza da Ferrería na cidade de Pontevedra (entrada libre ata completar aforo). O segundo, o venres, 14 de agosto, ás 22.00 no Festival de Jazz de Moaña (entrada gratuíta previa reserva en reservas.gal).

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.