System of a Down non actuará no Resurrection Fest

O Resurrection Fest xa perfila a súa edición para 2022. Será unha edición cun día máis do habitual que será gratis para todas as persoas que tiñan gardadas abonos de 3 ou 4 días das edicións que non se puideron celebrar. Xa temos cartel deste ‘Resu’, que se celebrará entre o 29 de xuño e o 3 de xullo en Viveiro. Aínda que hai grandes nomes da escena internacional de metal, hai unha destacada banda confirmada para a edición anterior e que non estará: System of a Down.

Para suplir esta baixa, o festival de metal celebrado en viveiro trae bandas de renome, como Avenged Sevenfold (que será a única actuación en España o ano que vén e das poucas en Europa), KoRn, Judas Priest, que celebran 50 anos como un dos referentes no heavy metal, Deftones, Sabaton, Bring Me The Horizon, Rise Against, Bullet For My Valentine ou Opeth

Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer,  Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, y Deadly Apples matense no escenario principal, recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry.

Respecto aos escenarios temáticos que alberga o Resurrection Fest, no Ritual Stage actuarán Dark Funeral, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea o As Everything Unfolds.

No Chaos Stage, escenario de hardcore y punk, estaránMadball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, La Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe y True Mountains, entre outros. 

Por último, no Desert, volverán Amenra, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, El Altar del Holocausto, Adrift, Regarde Les Hommes Tomber, Frutería Toñi y Chris Masuakcos seus Viveiro Wave Riders Association.

As entradas que foron gardadas da edición do 2020 son automaticamente validas para a edición do 2022. O luns 12 de xullo sairán á venda novos abonos e entradas que quedaron tras as devolucións do ano pasado.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.