Sara Roca

Taller e concerto de Paulo Pascual en Vigo

Paulo Pascual é un dos poucos thereministas que hai en toda a Península. Este vigués leva tocando este particular instrumento electrónico dende hai máis de dez anos. Descubriuno por ser un son frecuente nas bandas sonoras das vellas películas de ciencia ficción e quedou fascinando ao descubrir que o propio theremin, co que se pode crear música sen tocalo, movendo as mans no aire, semellaba saído directamente destes filmes futuristas do pasado.

É tamén un grande divulgador das posibilidades melódicas deste instrumento. Ademais de dar concertos e gravar música co seu proxecto Modulador de Ondas, tamén organiza talleres nos que permite aos asistentes achegarse ao theremin, sen lugar a dúbidas un dos instrumentos musicais máis únicos e sorprendentes.

Hoxe mesmo Paulo realizará un destes talleres en Vigo no espazo Cubo as 17 horas no que fará un breve percorrido histórico do instrumento, un repaso dos precursores e dos thereministas actuais, todo isto facendo demostracións co propio instrumento. Este taller irá seguido dun concerto no interpretará música en directo co theremin e unha guitarra as 19:30 horas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.