As Tanxugueiras publican Figa, o seu novo tema. Despois do seu exitoso Midas, as cantareiras máis relevantes da música galega actual volven mesturar líricas propias xunto con sonoridades electrónicas para crear algo novo e sorprendente.
En Fida avanzan un paso máis na proxección do canto e da música tradicional galega a través da súa reformulación e confluencia con sonoridades electrónicas. Nesta ocasión, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro volven contar coa colaboración da produción de Iago Pico.
Figa, cuxo nome remite ao emblemático amuleto contra o mal de ollo, bebe de coplas e simboloxías tradicionais, mesturadas con líricas de creación propia, coa intención de incidir na forza e na capacidade das mulleres á hora de afrontar a súa vida, alén das envexas, medos e críticas derivadas dun sistema marcadamante machista.