Tanxugueiras retoman hoxe a xira de ‘Contrapunto’

Un do trío máis querido do país, as Tanxugueiras, retoman hoxe a súa xira de presentación do seu novo álbum, Contrapunto, cunha actuación na sesión inaugural do Festival Sinsal Litoral, onde as pandereteiras acompañarán a Rodrigo Cuevas, e cita para a cal xa esgotaron entradas.

Unha segunda ocasión para ver ás Tanxugueiras en directo despois de tantos meses de cuarentena será o Compostela Tradfest, onde actuarán este domingo 26 de xuño. O festival celébrase no marco das Festas do Apostolo 2020, e comezará ás 21:00 horas na praza da Quintana.

A semana que ven as Tanxugueiras estarán na Ribeira, onde actuarán o vindeiro 1 de agosto a partir das 22:15 horas no Paseo do Malecón. A súa intención para esta data é, cun deseño coidado e acompañado dunha iluminación especial, conseguir a implicación do público cos relatos que transmiten as cancións do álbum.

As Tanxugueiras, se aínda non as coñecen, son un trío de pandereteiras e cantantes cuxo segundo disco, ‘Contrapunto’, non puido pasar desapercibido para Balea Cultural, quen o escollemos como mellor disco galego de 2019.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.