Tanxugueiras, Xoel López, Rayden e Mikel Erentxun estarán na primeira edición do ciclo Solpores no Lagoeiro

Neste mes de agosto, A Estrada contará cun novo ciclo de concertos e espectáculos que se chamará Solpores no Lagoeiro, proposta impulsada pola Casa do Lagoeiro, situada na rúa do Vilar. A intención é ofrecer, nun ambiente de proximidade e apegado á natureza, unha experiencia única.

Para axudar a levar este obxectivo a cabo, a primeira edición contará con actuacións musicais de Rayden, Marlango, Mikel Erentxun, Fredi Leis, Xoel López ou Tanxugueiras, ademáis de contar con dous humoristas recoñecidos a nivel estatal coma Luis Piedrahita e Goyo Jiménez. As actuacións musicais serán dende o vindeiro luns, 3 de agosto, ata o domingo 12 de setembro. Luis Piedrahita visitará o xardín o 21 de agosto e Goyo Jiménez o 12 de setembro.

Todos os concertos e espectáculos de Solpores no Lagoeiro celebraranse no exterior da casa de pedra que leva no enclave dende 1986. A capacidade do recinto será para 220 persoas e cada actuación comezará ás 21:00 horas, abrindo as portas ás 19:30 horas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.