The Soul Jacket tocarán en Lugo, Compostela e A Coruña na xira de presentación de 'Plastic Jail'

The Soul Jacket fai moito que deixou de ser esa pequena banda viguesa que destacaba na abundante variedade de grupos que se poden atopar na cidade olívica. Actualmente, están inmersos na xira de presentación de Plastic Jail, o seu cuarto traballo, coa que percorrerán numerosas cidades do Estado. Dentro dese marco, tocarán en Lugo o 22 de marzo. Máis tarde, os días 24 e 25 de maio, recalarán en A Coruña e en Santiago de Compostela respectivamente.
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.