‘The Waylanders’ desvela os actores de voz para a súa historia

A proposta presentada por Gato Studio é ambiciosa

The Waylanders ofrece datos sobre as voces das personaxes que vivirán na rexión de Kaltia. O videoxogo, un RPG que basea parte dos seus escenarios na Galicia Celta ten previsto lanzar o seu acceso anticipado este verán. O proxecto está desenvolvido polo compañía coruñesa Gato Studio.

A proposta que se presenta soamente se pode cualificar como ambiciosa xuntando actores de dobraxe con moita experiecia en videoxogos moi importantes con voces coñecidas do mundo do audiovisual. Entre os escollidos atópanse Ralph Ineson (Xogo de Tronos, Chernobyl). Ash Sroka (Mass Effect), Simon Templeman (saga Dragon Age) ou Amber Rose (The Punisher) entre outros.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.