Ao longo dos últimos días as redes sociais galegas estanse a encher de publicacións co cancelo #NonNosCanceles. Profesionais dos máis diversos ámbitos culturais estanse a sinalar como “traballadores da cultura”. Con esta campaña chámase a manter contratacións no sector e a tentar minguar o impacto da actual crise sanitaria, trasladando as datas dos eventos en vez de cancelalas.
Todas as ramas do sector cultural están agora mesmo sufrindo a cancelación de toda actividade. O sector cultural galego reclama o coidado, o acompañamento e comprensión do público que o aplaude e esixe un compromiso da Administración para a compensación económica da administración que polo momento non está a chegar.
Diversos axentes culturais de moi diferentes ámbitos estanse a sumar á iniciativa. De Vacas, Familia Camagno, Gaitafilms, Chévere , MJ Pére,, María Lado, Festicultores, Silvia Penide, Illa Bufarda e moitos máis reclaman un paso adiante para non ter que cancelar o seu traballo.