Trent Reznor publica unha playlist para escoitar en solitario o día de San Valentín

Cun certo tono irónico e case recoñecendo ese compoñente de outsider que sempre ocupou Trent Reznor no mundo da industria musical, este 14 de febreiro, coñecido como o día dos namorados, Reznor compartiu a través dos perfís de Spotify e Apple Music de Nine Inch Nails unha playlist conformada por temas instrumentais pertencentes á discografía da banda de industrial e ao traballo de composición para cinema que leva a cabo xunto a Atticus Ross. Esta lista titúlase Better Alone e o propio Reznor defínea como unha colección de cancións “pensada para escoitar a soas, con escuridade opcional mais recomendable”.

https://open.spotify.com/embed?uri=spotify:user:ninofficial:playlist:7kbekQB77leprglhDsLm10

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.