Triángulo de Amor Bizarro continúan a reinventarse con ‘Fukushima’

Despois de estrear Ruptura, o primeiro adianto do vindeiro disco de Triángulo de Amor Bizarro, a banda coruñesa está de volta con Fukushima, un novo tema que formará parte do seu vindeiro traballo. Cunha ausencia total de guitarras, o son de Triángulo de Amor Bizarro segue a evolucionar cara unha vertente máis electrónica pero non por iso menos cru ou enérxica.

O quinto disco de longa duración verá a luz o vindeiro 20 de marzo a través da discográfica Mushroom Pillow. Titulado Triángulo de Amor Bizarro, este será o segundo álbum homónimo da banda despois do seu debut lanzado en 2007. Cunha portada de cor negra que semella a cara oposta do White Album dos Beatles, este novo disco traerá consigo unha ducia de novas cancións producidas por Carlos Hernández entre as que se atopa Acosadores, que contará cunha colaboración de Ariadna Paniagua (Los Punsetes).

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.