Triángulo de Amor Bizarro estrean a versión en galego de ‘Vixiantes do Espello’

Triángulo de Amo Bizarro aproveitaron o Día de Galicia para publicar a versión en galego da canción Vixiantes do Espello, un dos singles máis destacados do último traballo da banda de Boiro, con melodías pegadizas e unhas guitarras que lembran aos mellores The Cure. Non se trata da primeira canción en galego publicada por Triángulo de Amor Bizarro, xa que no ano 2016 lanzaran A Cantiga de Juan C, unha versión en galego do clásico The John B Sails unha canción popular das bahamas con máis dun século de historia que tamén foi versionada por artistas como Johnny Cash ou os Beach Boys.

Triángulo de Amor Bizarro publicaron seu quinto disco durante o mes de marzo, en pleno confinamento. Este álbum homónimo é un disco fantástico e probablemente o traballo máis maduro da banda de Boiro ata a data, onde a agresividade e a crudeza dos seus primeiros álbumes aparece de novo xunto a composicións aínda máis variadas do habitual.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.