Triángulo de Amor Bizarro ou Ataque Escampe tocarán esta fin de semana no Festival Noroeste Estrella Galicia

A 34 edición do do evento coruñés contará con 14 concertos de balde

Este ano 2020 atópase fortemente marcado pola pandemia da COVID-19, mais o Concello da Coruña optou por manter o xa litúrxico Festival Noroeste Estrella Galicia, reformulándoo cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes nas diferentes edicións. Entre os vindeiros venres 7 e domingo 9, os diferentes artistas actuarán simultaneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida).

En total tocarán 14 bandas, completando o cartel dous vivieros musicais pensados para que a rapazada descubra ritmos, sons e historias vencelladas á música contemporánea. Os concertos celebraranse principalmente en horario de tarde con horas de inicio marcadas de xeito simultáneo para as 20:00 e 22:30 horas nas tres xornadas. Na fin de semana haberá sesións matinais que variarán segundo o escenario das 12:30 horas ás 13:30 horas.

Os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente. A expedición das mesmas será a través dunha plataforma dixital accesible na web do festival (www.festivalnoroeste.com) e tamén en corunacultura.sacatuentrada.es. Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.

Venres, 7 de agosto

Escenario Nonito Pereira (Praza de María Pita): Cloaca, 20.00 horas; Triángulo de Amor Bizarro, 22.30 horas.

Escenario Jaime Manso (Parque de Santa Margarida): Laura Lamontagne & PicoAmperio, 20.00 horas; DL Blando, 22.30 horas.

Sábado, 8 de agosto

Escenario Nonito Pereira: Sara Sístole, 13.30 horas; Pardo, 20.00 horas; Víctor Coyote, 22.30 horas.

Escenario Jaime Manso: Lydia Botana co vieiro ‘De aquí para alá’, 12.30 horas; Allova, 20.00 horas; Moura e a Irmandade Ártabra, 22.30 horas.

Domingo, 9 de agosto

Escenario Nonito Pereira: Zeltia e Irevire, 13.30 horas; The Bo Derek’s, 20.00 horas; Viuda Gómez e Hijos, 22.30 horas.

Escenario Jaime Manso: Javi Becerra con Carolina Rubirosa co seu vieiro infantil ‘Esto es Pop’, 12.30 horas; Bush Doctors, 20.00 horas; Ataque Escampe, 22.30h. 

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.