Triángulo de Amor Bizarro triunfan nos Premios da Música Independente

Triángulo de Amor Bizarro foron os grandes triunfadores da nova edición dos Premios MIN. A cita da Música Independente tivo lugar este 16 de xuño, coincidindo coa Semana da Música. A cerimonia transcorreu cun espírito festivo, de alegría e reencontro tras un ano especialmente complicado para o sector con motivo da pandemia, co asturiano Rodrigo Cuevas como presentador no Teatro Principal de Burgos.

A banda de Boiro chegaba á gala con catro candidaturas e finalmente logrou facerse con dous premios, á mellor produción e ao mellor álbum do ano polo seu último disco homónimo. Ademáis, ‘A realidade enganosa’ de Néboa fíxose co galardón ao mellor disco en galego do ano. Ambolos dous traballos apareceron na nosa lista dos mellores álbumes galegos de 2020.

Delaporte foi a banda máis premiada da cita. Os madrileños leváronse o premio ao Mellor Artista, Mellor Gravación Electrónica e Mellor Videoclip polo seu tema ‘Las Montañas’, cuxo vídeo está dirixido polo actor e director Eduardo Casanova. Un dos momentos máis emotivos da cerimonia, protagonizouno a lenda da radio musical Julio Ruíz, quen recibiu o Premio de Honra Mario Pacheco por presentar durante 30 anos o programa de Radio 3 Disco Grande, que leva en antena 50 anos e que este venres 18 chegará ao seu fin pola xubilación forzosa do seu presentador.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.