Behind Lucy, o documental da produtora galega Somadrone, conveteuse na primeira obra galega en gañar o MIPDoc Project Pitch que tivo lugar na cidade francesa de Cannes. A premisa do documental é seguir os pasos da misión da NASA Lucy dende a súa aprobación no 2017. O MIPDoc é un mercado internacional de documentais aos que acceden as produtoras máis importantes do mundo
O obxectivo de tal aventura era de elevada envergadura: Coñecer os segredos mellor gardados de Xúpiter. A sonda Lucy está previsto que saia do noso planeta aínda o ano que ven. Cando comece a súa aventura visitará os asteroides que comparten órbita co planeta para perseguir un maior coñecemento das orixes do Sistema Solar.