Un recital entre Nova York e Galicia para homenaxear a Carvalho Calero

O creadores do Festival Kerouac organizan un acto online para celebrar as Letras Galegas

Os actos de conmemoración das Letras Galegas foron trasladado a outubro, mais os creadores do Festival Kerouac non cambiaron esta data tan importante na literatura galega e que este ano homenaxea a Carvalho Calero. Eles propoñen un acto online no que participarán artistas galegos de Nova York e Galicia. Unha mostra máis da ponte sobre o Atlántico que leva construída dende que o festival comezou a súa celebración na cidade estadounidense.

O evento celebrarse o domingo 17 de maio ás 18:00 e poderá seguirse a través das canles online do Festival Kerouac: Instagram, Facebook Live e Youtube. Participarán oito artistas: María Medín Doce, Manuel Mayo, Isabel Pérez Dobarro dende Nova York e Francisco Fernández Naval, Fátima Delgado, Malvares de Moscoso e Francisco Castro desde Galicia. Cada un dos poetas lerá un poema de Carvalho Calero e logo un propio. Os músicos tocarán dúas pezas do seu repertorio.

Nas pasadas semanas, xa se experimentaron recitais similares onde participaron artistas de todo o mundo con unha moi boa acollida. En definitiva, unha mostra máis de como os eventos culturais estanse a adaptar á situación actual de emerxencia sanitaria mundial. Por mor desta situación, non se puido celebrar o IV Festival Kerouac Nova York, mais xa se está a traballar no X Kerouac Vigo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.