‘Watchmen’ e ‘A Marabillosa Sra. Maisel’ lideran as nomeacións aos premios Emmy 2020

A cerimonia de entrega, sen aínda formato definido, terá lugar o 20 de setembro

A Academia de Artes e Ciencias televisivas estadounidense vén de anunciar as nomeacións da 72ª edición dos premios Emmy, os máis recoñecidos da ficción da pequena pantalla. Este 2020, estreáronse Disney+ e Apple TV+ no panorama do streaming, mais os xigantes HBO e Netflix seguen a encabezar o número de nomeacións.

A gran favorita do ano é Watchmen, con 26 candidaturas -entre elas, Mellor Miniserie e as catro categorías de interpretación do mesmo apartado-, seguida pola triunfadora en comedia A Marabillosa Sra. Maisel con 20 nomeacións, e Succesion e Ozark, ambas con 18 candidaturas cada unha.

Como cabía esperar, a gala de entrega dos galardóns estará marcada pola pandemia da COVID-19. Aínda non se anunciou que formato adoptará, mais todo apunta a que se celebrará de xeito virtual. A cerimonia terá lugar o 20 de setembro e o mestre de cerimonias será, un ano máis, o presentador de late-show Jimmy Kimmel.

Estas son as nomeacións nas categorías principais:

Mellor serie dramática

The Crown

Better Call Saul

O conto da criada

Killing Eve

The Mandalorian

Ozark

Stranger Things

Succession

Mellor serie de comedia

Curb Your Enthusiasm

Mortos para min

The Good Place

Insecure

O método Kominsky

A marabillosa Sra. Maisel

Schitt’s Creek

O que facemos nas sombras

Mellor miniserie

Little Fires Everywhere

Mrs America

Creédeme

Unorthodox

Watchmen

Mellor película para televisión

American Son

Bad Education

Dolly Parton: acordes do corazón

O camiño: unha película de Breaking Bad

Unbreakable Kimmy Schmidt: Kimmy vs The Reverend

Mellor actor de drama

Jason Bateman (Ozark)

Sterling K. Brown (This Is Us)

Steve Carrell (The Morning Show)

Brian Cox (Succession)

Billy Porter (Pose)

Jeremy Strong (Succession)

Mellor actriz de drama

Jennifer Aniston (The Morning Show)

Olivia Colman (The Crown)

Jodie Comer (Killing Eve)

Laura Linney (Ozark)

Sandra Oh (Killing Eve)

Zendaya (Euphoria)

Mellor actor secundario en drama

Nicholas Braun (Succession)

Billy Crudup (The Morning Show)

Kieran Culkin (Succession)

Mark Duplass (The Morning Show)

Giancarlo Esposito (Better Call Saul)

Mathew Macfadyen (Succession)

Bradley Whitford (O conto da criada)

Jeffrey Wright (Westworld)

Mellor actriz secundaria en drama

Helena Bonham Carter (The Crown)

Laura Dern (Big Little Lies)

Julia Garner (Ozark)

Thandie Newton (Westworld)

Fiona Shaw (Killing Eve)

Sarah Snook (Succession)

Meryl Streep (Big Little Lies)

Samira Wiley (O conto da criada)

Mellor actor de comedia

Anthony Anderson (Black-ish)

Don Cheadle (Black Monday)

Ted Danson (The Good Place)

Michael Douglas (O método Kominsky)

Eugene Levy (Schitt’s Creek)

Ramy Youssef (Ramy)

Mellor actriz de comedia

Christina Applegate (Mortos para min)

Rachel Brosnahan (A marabillosa Sra. Maisel)

Linda Cardellini (Mortos para min)

Catherine O’Hara (Schitt’s Creek)

Issa Rae (Insecure)

Tracy Ellis Ross (Black-ish)

Mellor actor secundario de comedia

Mahershala Ali (Ramy)

Alan Arkin (O método Kominsky)

Andre Braugher (Brooklyn Nine Nine)

Sterling K. Brown (A marabillosa Sra. Maisel)

William Jackson Harper (The Good Place)

Daniel Levy (Schitt’s Creek)

Tony Shalhoub (A marabillosa Sra. Maisel)

Kenan Thompson (Saturday Night Live)

Mellor actriz secundaria de comedia

Alex Borstein (A marabillosa Sra. Maisel)

D’Arcy Carden (The Good Place)

Betty Gilpin (GLOW)

Marin Hinkle (A marabillosa Sra. Maisel)

Kate McKinnon (Saturday Night Live)

Annie Murphy (Schitt’s Creek)

Yvonne Orji (Insecure)

Cecily Strong (Saturday Night Live)

Mellor actor de miniserie ou película para televisión

Jeremy Irons (Watchmen)

Hugh Jackman (Bad Education)

Paul Mescal (Normal People)

Jeremy Pope (Hollywood)

Mark Ruffalo (A innegable verdade)

Mellor actriz de miniserie ou película de televisión

Cate Blanchett (Mrs America)

Shira Haas (Unorthodox)

Regina King (Watchmen)

Octavia Spencer (Madam C. J. Walker: Unha muller feita a si mesma)

Kerry Washington (Little Fires Everywhere)

Mellor actor secundario de miniserie ou película para televisión

Yahya Abdul-Mateen I (Watchmen)

Jovan Adepo (Watchmen)

Tituss Burgess (Unbreakable Kimmy Schmidt: Kimmy vs The Reverend)

Louis Gossett Jr. (Watchmen)

Dylan McDermott (Hollywood)

Jim Parsons (Hollywood)

Mellor actriz secundaria de miniserie ou película para televisión

Uzo Aduba (Mrs America)

Toni Collette (Creédeme)

Margo Martindale (Mrs America)

Jean Smart (Watchmen)

Holland Taylor (Hollywood)

Tracey Ullman (Mrs America)

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.