‘Watchmen’, ‘Succession’ e ‘Schitt’s Creek’ arrasan nos premios Emmy

Nos 72 anos de traxectoria dos premios Primetime Emmy, outorgados pola Academia de Artes e Ciencias da Televisión de Estados Unidos, a gala celebrada a pasada noite foi a máis peculiar. Marcada pola pandemia da COVID-19, a cerimonia virtual amosou aos convidados na comodidade dos seus sofás, en troques dos ostentosos traxes longos e de deseñador.

Esta edición deixou tres grandes triunfadoras, unha para cada rama principal. Succession liderou a categoría de Drama, facéndose con catro premios: mellor serie, guión, dirección e actor principal para Jeremy Strong. No apartado da serie de curta duración, Watchmen arrasou con 11 estatuíñas, incluíndo Mellor Miniserie. En Comedia, Schitt’s Creek recibiu nove premios, e facendo así historia ao obter a maior cantidade de premios por unha tempada específica nunha serie de comedia.

Por outra banda, unha das grandes sorpresas da noite foi a vitoria para Zendaya como Mellor Actriz nunha Serie Dramática por Euphoria, que a fixo converterse na intérprete máis nova da historia dos Emmy en recibir este recoñecemento.

Esta é a lista completa de gañadores:

  • Serie dramática: Succession
  • Dirección nunha serie dramática: Andrij Parekh (Succession)
  • Guion en serie dramática: Jesse Armstrong (Succession)
  • Actriz protagonista nunha serie dramática: Zendaya (Euphoria)
  • Actor protagonista nunha serie dramática: Jeremy Strong (Succession)ç
  • Actor de reparto nunha serie dramática: Billy Crudup (The Morning Show)
  • Actriz de reparto nunha serie dramática: Julia Garner (Ozark)
  • Serie de comedia: Schitt’s Creek
  • Dirección nunha serie de comedia: Andrew Cividino, Daniel Levy (Schitt’s Creek)
  • Guion en serie de comedia: Daniel Levy (Schitt’s Creek)
  • Actriz protagonista nunha serie de comedia: Catherine O’Hara (Schitt’s Creek)
  • Actor protagonista nunha serie de comedia: Eugene Levy (Schitt’s Creek)
  • Actor de reparto nunha serie de comedia: Daniel Levy (Schitt’s Creek)
  • Actriz de reparto nunha serie de comedia: Annie Murphy (Schitt’s Creek)
  • Miniserie ou telefilme: Watchmen
  • Dirección dunha miniserie telefilme: Maria Schrader (Unorthodox)
  • Guion dunha miniserie ou telefilme: Watchmen (Damon Lindelof y Cord Jefferson)
  • Actriz protagonista nunha miniserie ou telefilme: Regina King (Watchmen)
  • Actor protagonista nunha miniserie ou telefilme: Mark Ruffalo (I Know This Much Is True)
  • Actor de reparto nunha miniserie ou telefilme: Yahya Abdul-Mateen II (Watchmen)
  • Actriz de reparto nunha miniserie o película: Uzo Aduba (Mrs. America)
  • Programa de variedades: Last Week Tonight with John Oliver
  • Programa de competición: RuPaul’s Drag Race
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.