Os principais festivais únense en Youtube. 20 grandes certames entre os que se atopan San Sebastián, Venecia, Cannes, a Berlinale, Sundance, Toronto ou Locarno lanzan We Are One: A Global Film Festival . Celebrarase dende hoxe, mércores 29 de abril e continuará os próximos dez días-
Segundo o comunicado conxunto que lanzaron os festivais unidos na iniciativa, We Are One servirá para “ofrecer ao público historia procedentes de todo o mundo, proporcionando aos cineastas un altofalante nun escenario global”. O público poderá donar a diferentes organizacións que contribúen á asistencia pola Covid-19.
Cada festival colaborará na iniciativa dun xeito diferente. Por exemplo Cannes non proxectará filmes mais si subirá clases maxistrais. Outros como o Festival de San Sebastián participará con longametraxes que participaron noutras edicións do certame. Nun principio, non haberá estreas online debido a dereitos e a exclusividades na distribución.