‘WE ARE WHO WE ARE’, a nova serie de Luca Guadagnino, estrearase en setembro en HBO

Luca Guadagnino, director italiano ao cargo da filme nomeada aos Óscars a Mellor Película, Call Me By Your Name, achega o seu particular estilo cinematográfico á televisión por primeira vez coa serie WE ARE WHO WE ARE. A serie constará de oito episodios, e estará protagonizada por artistas como Chloë Sevigny, Jack Dylan Glazer, Alice Braga, Jordan Kirstine Seamón, Spence Moore II, Kid Cudi, Faith Alabl, Francesca Scorsese, Ben Taylor, Corey Knight, Tom Mercler e Sebastiano Pigazzi.

A historia centrarase en dous nenos estadounidenses que viven nunha base militar estadounidense en Italia, tentando explorar polo camiño temáticas como a amizade, o primeiro amor e a identidade.

Trátase dunha coprodución entre a HBO e Sky, onde Luca Guadagnino exercerá como showrunner, director, guionista e produtor executivo. Espérase que WE ARE WHO WE ARE sexa estreada o vindeiro setembro en HBO.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.