Xoana estrea videoclip do tema “Un Salvavidas”, que foi ideado, gravado e editado durante a corentena por causa da COVID-19 e respectando as medidas de confinamento. Pare realizalo soamente se utilizou a cámara do móbil e catro escenarios recreados na casa da artista. Para ela, esta creación “é unha mostra de que a creación cultural non descansa e tamén demanda dunha promoción e apoio da mesma”.
