Revolution 3×01 – Animal Crossing: New Horizons

O podcast Revolution volta tras un longo descanso debido ao confinamento. Estreamos terceira tempada cun dos xogos estrela da pasada primavera: o Animal Crossing New Horizons. Falaremos longo e tendido do novo título da franquía máis adorable de Nintendo, non sen antes repasar cos nosos tertulianos Mos e Iago como se presenta a novena xeración de consolas, pois Sony e Microsoft veñen de poñer todas as cartas sobre a mesa. Ademais, contamos coa visita de Víctor Justo, creador do xogo de carreiras Woden GP, inspirado nas rúas de Vigo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.