REVOLUTION PODCAST

Podcast en galego que trae as novidades e nostalxia do mundo dos videoxogos. Presentado por Fabián Bastos e Sergio Fernández.

O podcast Revolution volta tras un longo descanso debido ao confinamento. Estreamos terceira tempada cun dos xogos estrela da pasada primavera: o Animal Crossing New Horizons. Falaremos longo e tendido do novo título da franquía máis adorable de Nintendo, non sen antes repasar cos nosos tertulianos Mos e Iago como se presenta a novena xeración de consolas, pois Sony e Microsoft veñen de poñer todas as cartas sobre a mesa. Ademais, contamos coa visita de Víctor Justo, creador do xogo de carreiras Woden GP, inspirado nas rúas de Vigo.

Febreiro foi o mes do ourizo cacho azul de Sega e nós celebrámolo cun programa adicado a uno dos seus videoxogos máis icónicos, Sonic Adventure, que saíu para a Dreamcast en 1998. Ademais, falamos de Sonic: a película nunha entretida tertulia con Mos na que tamén abordamos as adaptacións fílmicas de diferentes franquías de videoxogos.

E, coma sempre, a actualidade da industria. Esta semana está protagonizada pola serie de The Last Of Us, o novo proxecto de Hideki Kamiya e Platinum e Cyberpunk 2077.

Voltamos tras un pequeno parón e desta vez a cousa vai de viaxes. O primeiro, pola antiga Grecia coa última entrega da saga de Ubisoft Assassins’ Creed. Analizamos longo e tendido o Odyssey, que nos regalou moitas horas de xogo e unha odisea inolvidable. A outra viaxe da que falamos está un pouco máis preto, trátase de Kofi Quest: Alpha Mod, o videoxogo real-time strategy basado na webserie animada española Kofi. Mos (@mosynho) tráenos na súa sección todo o que debemos saber sobre este divertido título indie.

Ademais, coma sempre, repasamos a actualidade da industria, que desta volta vén marcada por Microsoft e a súa decisión de non ter exclusivos na súa nova consola ou o documental Not A Game de Movistar sobre o mundo dos videoxogos.

The Lengend Of Zelda: Breath Of The Wild foi un dos xogos de lanzamento da Nintendo Switch o 3 de marzo de 2017 e tres anos despois, adicámoslle un programa completo. E é que ademais de analizar o aclamadísimo xogo da lonxeva franquía de Nintendo, contamos con Nerea Alfonso, a primeira muller que lle puxo voz á princesa Zelda en España, precisamente neste título. Esta actriz de dobraxe, que xa puxo voz a múltiples personaxes de videoxogos, cine e televisión, falaranos da súa experiencia como a voz de Zelda e moitas cousas máis.

Ademais, coma sempre, contamos a actualidade da industria, que desta vez vén cargada de numerosos atrasos (Final Fantasy VII Remake, Cyberpunk 2077) e fortes rumores sobre a nova consola de Sony.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.