‘Rocket League’ será completamente gratuíto a finais deste verán

Rocket League volveuse famoso por conseguir mesturar dous deportes tan diferentes coma o fútbol e as carreiras de coches nun videoxogo que, ata o día de hoxe, estaba a funcionar bastante ben: subidos en coches, o noso obxectivo era meter a bola na portería do contrario a empurróns cos nosos vehículos.

Ata agora, o xogo era accesible a un prezo de 19,99 euros, mais a os desenvolvedores do xogo, a compañía Psyonix, anunciaron que, a partires do final deste verán, o xogo será desfrutable de modo gratuíto para todo aquel que o descargue da Epic Games Store, saíndo de plataformas como Steam polo camino. Con todo, se xa posuías o xogo nalgunha outra plataforma, poderás desfrutar e xogar do xogo ao completo.

Aqueles xogadores que xa posuíran o xogo antes da súa saída ao chamado popularmente Free-To-Play, con todo, recibirán unha serie de recompensas como 200 artigos subidos á calidade Legacy, un boost Golden Cosmos, rodas Dieci-Oro e un estandarte de Huntress Player, independentemente da plataforma na que se estea a xogar.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.